Onte estivemos a tocar nun acto precioso: a presentación da antoloxía de poesía da primeira edición de Poemaria, que recolle poemas e textos de autoras marabillosas, entre elas Miguel Ángel Alonso Diz, Silvia Penas Estàevez, Iolanda Zúñiga e Ismael Ramos, que recitaron unha escolma dos seus poemas.
Escoitamos as palabras inspiradoras dos codirectores de Poemaria Keith Payne e Patricia Sánchez, acompañadas polo apoio da Deputación Pontevedra por medio de Carmela Silva Rego e a nosa música de Son trio. Tanto o lugar, como o contido e a acollida do público foron un conxunto moi bonito e emotivo. E haberá máis.