«Un día», candidata á mellor canción galega de 2018 por aRi[t]mar Galiza e Portugal
A selección do xurado de aRi[t]mar deuse a coñecer nun acto na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, no que ademais da Mellor canción galega de 2018 tamén se elixirá a Mellor canción portuguesa, e Mellores poemas galego e portugués do ano pasado.
En Son Trío estamos encantadas e moi agradecidas ao xurado desta nova sorpresa que nos dá a canción que compuxemos sobre o poema de Celso Emilio Ferreiro.
A canción foi escollida na 4ª edición que aRi[t]mar Galiza e Portugal organiza para premiar as mellores cancións e poemas de Galiza e Portugal de 2018. Ademais, hai tamén unha votación aberta ata o 20 de marzo para o público xeral.