Son Trío formará parte do cartel do Festival Rosalía que por segundo ano organiza o Departamento de Cultura da Deputación da Coruña.
Celébrase o sábado 29 de setembro na Praza Cervantes de Santiago de Compostela dende as 11 da mañá, e haberá teatro, danza, artesanía, libros e toda clase de obxectos relacionados con Rosalía. E por suposto, música.
O noso concerto será ás 20.00 e seredes todas benvidas.