Son Trío, composto por Su Garrido Pombo, Katerina Linke e Susanna Blanco (voz, piano e cello respectivamente) presentan o seu proxecto Miña almiña, baseado nos poemas de Rosalía de Castro no Auditorio David Russel de Vigo o 16 de febreiro.
Son Trío celebra a súa homenaxe á poetisa galega coa estrea do seu proxecto, no que interpretan 10 cancións con música orixinal e letra do poemario Follas novas, iniciando en Vigo unha serie de recitais que levarán tamén por outras cidades e puntos da xeografía galega