Onte Son Trío participou na Gala de Premios de Deporte Feminino organizado por Mudega (Mulleres Deportistas Galegas) e a Deputación Pontevedra.
Estivemos encantadas e emocionadas entre mulleres fortes, enérxicas, gañadoras e soñadoras. Se o pensamos, o deporte e a cultura teñen moito en común: Ambas precisan moita disciplina, esforzo, investimento de tempo e enerxía, talento, dedicación… E as mulleres dos dous ámbitos pasan polas mesmas dificultades, inxustuzas e desigualdades. Pero seguiremos loitando, correndo e cantando! Xuntas somos un equipo!!!