Son Trio participará na nova edición de ‘Monumenta andar con arte’ coa música acústica incorporada no ciclo de andainas, cos que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia achégalle á cidadanía unha experiencia diferente de vivir e sentir o noso patrimonio, relacionando cada edificio co territorio e coa súa singularidade cultural e paisaxística.
Monumenta, andar con arte é un programa de actividades culturais, que se desenvolve ao redor da acción de camiñar e da experiencia da andaina como a mellor e a máis antiga das maneiras de explorar e de vivir o territorio.
Serán oito citas «adicadas a camiñantes históricos» coa música ambulante durante os seus traxectos, «sen deixar de lado a parte divulgativa das camiñatas»