Onte gozamos dunha Gala de entrega dos Premios Martín Códax da Música divertidísima grazas á organización de Músicos Ao Vivo, coa presentación Carlos Blanco, Luis Davila e tantos máis.
Fantásticos discursos, bonitos encontros coas compañeiras, boa música, excelente viño de Bodegas Martín Códax e petiscos.
Este primeiro ano non acadamos o premio, pero seguiremos cantando e tocando con toda a ilusión e dedicación que poidamos. Foi un pracer e honra ter sido escollidas como finalistas cun proxecto tan recente!