Depois dun breve descanso cheo de viaxes, encontros e experiencias persoais regresamos con moita enerxía e gañas de tocar e cantar.
Mañá 26 de agosto iremos a Os Peares dentro do programa cultural Monumenta: andar con arte organizado por Cultura galega – Xunta de Galicia e Sinsalaudio.
Un lugar con maxia, encanto e moita historia. Vémonos na 7ª andaina!