Son Trío gaña o II Premio Celso Emilio Ferreiro coa canción “Un día”
O xurado vén de declararnos como gañadoras da segunda edición do premio bianual que convoca a Fundación Celso Emilio Ferreiro, que premia a mellor canción con música orixinal e textos do poeta. Katerina Linke compuxo unha curiosa melodía para o poema Un día que Celso Emilio adicara a o seu amigo Antón Beiras, interpretado tamén por Su Garrido Pombo á voz e Susanna Blanco ao cello.
Son Trío sáese nesta ocasión da súa instrumentación habitual, cambiando o piano por un pequeno metalófono, e os poemas de Rosalía de Castro cos que preparan o inminente lanzamento do seu disco Miña almiña polos do poeta de Celanova.
Quixemos facer aínda máis visible a obra do autor gravando un videoclip nas rúas de Vigo, a cidade na que Celso Emilio e Antón Beiras afondaran na súa amizade e fraternidade, unha amizade que servira de estímulo para que o poeta creara este cando Xesús Alonso Montero lle comunicou o pasamento de Antón.
Raquel Ferreiro, Ramón Nicolás e Manuel Bragado representando á Fundación Celso Emilio Ferreiro, presidida por Luis Ferreiro Loredo; Lorena López Cobas, musicóloga; Juan Durán, compositor; Silvia Penas, poeta, e o músico César del Caño foi o xurado encargado de avaliar as propostas presentadas e de fallar o premio.