A nosa historia
Son Trío somos tres músicas: Katerina Linke (piano, composición), Su Garrido Pombo (voz) e Susanna Blanco (cello).
Son Trío somos unha rusa namorada de Galiza e dúas galegas namoradas da súa terra tamén.
Son Trío somos tres profesionais e os nosos estudos e influencias pasaron por música clásica, jazz, folk, cantautor, bossa… e contamos con varios premios nas nosas carreiras.
Vimos de crear o proxecto Miña almiña con música orixinal e letra de Rosalía de Castro, que soa moi orgánico e fresco, conseguindo emocionar ao público.
A nosa música é elegante e contemporánea cun estilo propio cheo de matices e suxerencias.
Ademais, completamos o noso repertorio con versións propias de cancións populares galegas e tamén doutros poetas galegos.